lunes, 21 de septiembre de 2015

REFLEXIONANDO SOBRE O "PLE"



Nesta tarefa do Posgrao, temos que falar do noso PLE, (Personal Learning Enviroment), é dicir a nosa "contorna persoal de aprendizaxe",  a cal está formada por : 

-  O conxunto de ferramentas que utilizamos para comunicarnos con outras persoas.
- O conxunto de recursos xerados por outras persoas, ós que accedemos utilizando  distintas fontes.
- E a rede persoal de aprendizaxe (PLN), que son as persoas coas que nos comunicamos.


 



No meu esquema, identifico o meu PLE coa luz, son os recursos e ferramentas cos que podo reflexionar, aprender,  e avanzar na miña aprendizaxe.



O meu PLE actual baséase principalmente:
  • Nas ferramentas usadas para: 
-  BUSCAR, CONSULTAR  información (Internet Explorer, Firefox, Blogs, Webs...) ,
-  CREAR contidos: Microsoft Office, Open Office, Tagxedo e Storify.
-  COMPARTIR contidos ou traballar de forma colaborativa: Dropbox, Google Drive.
  • Nos recursos xerados por outras persoas e que eu podo empregar na miña aprendizaxe, contidos de Blogs, vídeos de Youtube, fotografías de Flickr.
  • E sobre todo nas persoas coas que traballo, estudo ou me relaciono  través do mail, Twitter, Whatsapp, teléfono...

Coa realización deste Posgrao o meu PLE vai aumentando de maneira notable os meus coñecementos sobre ferramentas coas que elaborar, compartir, e organizar toda a información. Feedly, é unha desas ferramentas, un lector de RSS que nos permite acceder e organizar "ó noso xeito" a información das URL que nos interese, con todas as actualizacións. Permítenos agregar e acceder de xeito rápido a todas as nosas fontes de información, supoñendo un aforro de tempo considerable. Resulta moi útil, tendo en conta a gran cantidade de información que manexamos. Esta que vos mostro , é a miña pantalla de Feedly con poucos "add ", completareina pouco a pouco e espero sacarlle o máximo proveito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario