O concepto de orientación
laboral
Podemos definir a
orientación laboral coma un proceso de axuda e acompañamento no
desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que
sitúen á persoa nunha posición favorable ante o emprego e
posibiliten o acceso e mantemento dun posto de traballo
Obxectivo: Facilitar o
desenvolvemento dos recursos e competencias propias da persoa
demandante que lle permitan identificar opcións laborais e elixir
entre as mesmas con autonomía, planificando actuacións que o leven
a inserción laboral.
A intervención en
Orientación Laboral debe basearse nos seguintes principios:
1. Individualización:
debe responder as necesidades e circunstancias de cada participante.
Polo tanto, os contidos, a temporalización, a linguaxe e as técnicas
para utilizar deberán adaptarse a cada persoa.
2. Flexibilidade: debe
permitir os axustes necesarios provocados por novas situacións,
actividades e/ou informacións que incorpora e realiza o
usuario. Así mesmo, deberá permitir unha intervención tanto
individual como grupal cando se considere conveniente, adaptando
ditas intervencións aos casos concretos.
3. Procura da autonomía:
debe potenciar a autonomía de cada participante, desenvolvendo os
seus recursos, habilidades e competencias.
As intervencións de
orientación poden ser:
- De atención individualizada: Entrevistas e Titorías. O proceso de orientación laboral entendido de forma individualizada formalizase a través dunha ou varias entrevistas dentro dun proceso e constitúe a porta de entrada ás políticas activas de emprego
- Actividades grupais: Dinámicas grupais e formativas.
¿Que son os itinerarios
personalizados de inserción?
O Itinerario
Personalizados de Inserción (IPIs), son un conxunto de accións
destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de
emprego; no cal as decisións tómanse consesuadamente entre a persoa
orientada e o/a orientador/a.
Os itinerarios teñen
como obxectivo: Potenciar a empregabilidade e a autonomía. Supoñen
un cambio en varios sentidos:
- Mellora das súas competencias para afrontar as súas expectativas.
- Na percepción que ten a persoa de si mesma.
- Na súa autoestima.
Fases dos itinerarios:
Fase de Inicio: Nesta fase
realizase a recepción e acollida que vai a ser fundamental para o
desenvolvemento do proceso. Elabórase o perfil profesional coa
información recollida para despois dunha análise en profundidade
por parte do orientador, concretar un plan de traballo que se
traducirá no documento de compromiso de actividades que se
desenvolverán ao longo de todo o proceso.
Fase de seguimento: Nesta
fase a persoa demandante realizará as distintas actividades
propostas, cun seguimento por parte do orientador/a, podendo
redefinirse cada itinerario en función da avaliación de cada persoa
orientada e das oportunidades reais de conseguir emprego.
Fase de finalización:
Esta fase é a fase de avalación dos obxectivos propostos, de
comprobar a consecución de todas as actividades previstas, podéndose
contemplar tamén situacións de abandono ao longo do proceso.
O papel do orientador
poderíase concretar nas seguintes accións; colaboración coas
empresas nos procesos de selección de persoal, accións cara á contorna
destinadas a minimizar os prexuízos e/ou estereotipos asociados a
persoas desempregadas en risco de exclusión social, facilitar o acceso a un
emprego ou a mellora profesional de persoas traballadoras e evitar a
segregación horizontal e/ou vertical por cuestións de xénero,
idade ou orixe.
A incorporación ao mercado laboral é moi complicada nos nosos días. Máis aínda para
persoas con escasa cualificación, que carecen de redes sociais ou
para aquelas persoas as que lle falta información ou que desecoñecen
como acceder a ela.
Esta dificultade
incrémentase se temos en conta que, dentro da poboación xeral, hai
persoas desempregadas con diferentes problemáticas (inmigración,
vítimas de violencia, drogodependencias, etc), que propician
situacións de desemprego de longa duración, economía sumerxida,
condicións precarias, etc.
Polo tanto as
peculiaridades desta profesión, cuxa misión esencial é a axuda ás
persoas, exise características tales coma; sensibilidade social,
autoconfianza, autocontrol, confiabilidad, paciencia,
responsabilidade, proactividade, positivismo, amabilidade, empatía,
asertividade, adaptabilidade, flexibilidade e cooperación.
Como fin de sesión presencial do día 26 de Setembro, con Mª Teresa Deus traballamos en grupo casos prácticos de orientación a persoas con distintos perfiles profesionais e situacións familiares diversas. Resulto moi enriquecedor, xa que o traballo en grupo permite ver as situacións baixo distintos puntos de vista e posibilita compartir información, o que significa maior aprendizaxe.
Como fin de sesión presencial do día 26 de Setembro, con Mª Teresa Deus traballamos en grupo casos prácticos de orientación a persoas con distintos perfiles profesionais e situacións familiares diversas. Resulto moi enriquecedor, xa que o traballo en grupo permite ver as situacións baixo distintos puntos de vista e posibilita compartir información, o que significa maior aprendizaxe.
Para saber máis:
No hay comentarios:
Publicar un comentario